No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, tramítase o recurso 217/2023 (procedemento abreviado), interposto por María del Carmen de la Puente Fernández contra a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 85, do 4 de maio), na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
