DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2025 Páx. 9369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente IN407A-2023/129-1//RAI-CO-165/24.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU do Boletín Oficial del Estado).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que ditou a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2025

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

IN407A-2023/129-1

RAI-CO-165/24

76479993W

Notificación da resolución do recurso de alzada