Pola Resolución do 14 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, instalacións eléctricas no concello de Avión (expediente IN407A 2024/112-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 20 de xaneiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/112-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación da LMTA ALB801 no treito entre os apoios núm. 83-18-10 e núm. 83-18-11-CT.
Situación: lugar de Penedo, concello de Avión.
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32005A059000780000FM.
Lugar: Coviña.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 9 m2 para o apoio núm. 83-18-11-CT.
