Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC, no concello de Redondela, que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 21 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/435-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC.
Concello: Redondela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
4 |
36045A053008260000WM |
María Tizón Paz |
2025/54/13 |
