IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de xaneiro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), con corrección de erros (Diario Oficial de Galicia número 234, do 12 de decembro) e modificado pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.
Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 9310, onde di:
«...o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 8 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela».
Debe dicir:
«...o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 8 de febreiro de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela».