DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9869

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT404D).

BDNS (Identif.): 812122.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias, sempre que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras:

As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual ou de videoxogos, e/ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade no campo audiovisual ou de videoxogos galego baixo as epígrafes 961.1, 962.1 do IAE, e 582.1, 620 da CNAE.

As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, sempre que poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra audiovisual do proxecto que se presenta a esta convocatoria.

Principio del formulario

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de contidos audiovisuais e de videoxogos galegos en foros de negocio especializados e eventos de cinema que se celebren fóra de Galicia, e convocalas para o ano 2025.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT404D).

Cuarto. Importe

Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade no orzamento 2025 do ente, a través da aplicación orzamentaria 2025.13.A1.432B.470.0, código de proxecto 2015-00003, por importe de 70.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, permanecerá aberto ata o esgotamento do crédito e, como máximo, ata o 3 de novembro de 2025, e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Se este último for inhábil, entenderase prorrogado ao hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia
Galega das Industrias Culturais