DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2025 Páx. 9812

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento AU301G).

O 2.4.2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actuacións e actividades de educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento AU301G).

O 23.7.2024, a Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión das subvencións das solicitudes para as que había crédito suficiente.

Segundo o recollido na Resolución do 18.3.2024, citada, deben publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución fináncianse con cargo á conta financeira 6518 (subvencións correntes a familias e institucións sen fins de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto no artigo 14 da Resolución do 18.3.2024, xa citada,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das subvencións concedidas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional primeira da Resolución do 18.3.2024;
DOG núm. 64, do 2 de abril)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de marzo de 2024:

Expediente

Entidade solicitante

Proxecto

Zona hidrográfica

Importe da subvención

AU301G2024-2

Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia Adega

Educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos-Demarcación Hidrográfica Galicia Sur

Sur

60.000,00 €

AU301G2024-3

Asociacion para a defensa ecolóxica de Galicia Adega

Educación ambiental para a sustentabilidade dos ríos-Demarcación Hidrográfica A Mariña

A Mariña

20.000,00 €

AU301G2024-6

Asociación Amicos

Amirios

Centro

60.000,00 €

AU301G2024-7

Asociación de defensa ambiental grupo naturista Hábitat

Zona Hidrográfica de Galicia-Norte

Norte

59.947,20 €