DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o devandito rexistro.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, nº 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2025

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Expediente

DNI/NIE

67433

X9903769S

110224

53180235A

978906

77409538W

982476

Y7149082Y

982513

44466213Z

982658

Y6836889S

982763

77459074L

982776

54231129G

982856

Z0313075G

982915

39466233G

983112

36169430K

983120

Y1425999J

983156

12457030T

983196

X8998261V

983203

45907579Q

983251

39492171K

983328

54920715G