DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2025 Páx. 10358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican varias resolucións como consecuencia dos recursos de alzada interpostos contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Recurso

33058637R

Resolución

Fisteus (Curtis-A Coruña)

2

32769715M

Resolución

Fisteus (Curtis-A Coruña)

8

33229866H

Resolución

Fisteus (Curtis-A Coruña)

21