
A Constitución española, no seu artigo 14, proclama o dereito a igualdade e prohibe calquera discriminación por razón de sexo e, no artigo 9.2, formula o mandamento expreso aos poderes públicos para que promovan as condicións para que a igualdade do individuo e das agrupacións en que se integra sexan reais e efectivas. Polo que respecta á Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, establece que lles corresponde aos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación dos galegos na vida política, económica, cultural e social.
En desenvolvemento destas competencias asumidas polo Estatuto, na actualidade a normativa de aplicación está recollida na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, así como na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A promoción da igualdade entre mulleres e homes constitúe tamén un obxectivo básico e prioritario para a Xunta de Galicia, e ten o seu reflexo nas ditas normas e na implantación de plans que definen e recollen estratexias globais para o establecemento dos requisitos que posibiliten a participación das mulleres en condicións de igualdade en todos os ámbitos da sociedade.
O VIII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027 recolle como unha das súas prioridades de actuación a de «fomentar as políticas de igualdade no eido local» a través, entre outras medidas, da consolidación da Rede de centros de información á muller de Galicia para o fomento da igualdade no ámbito local, da colaboración e coordinación coa Administración local para o deseño e a implantación de programas e medidas de conciliación, así como para a prevención e atención integral en materia de violencia de xénero.
O fomento da conciliación da vida familiar, laboral e persoal está presente na acción de goberno e nos instrumentos de planificación da Xunta de Galicia, como no Plan estratéxico de Galicia 2022-2030, que recolle no obxectivo estratéxico OE 4.2.5 Acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, impulsando unha maior e mellor participación das mulleres en todos os ámbitos sociais e profesionais e nos procesos de toma de decisións, contando entre as súas liñas de accións principais as destinadas a eliminar a discriminación por razón de sexo e favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, á vez que se promove un modelo de sociedade corresponsable en que homes e mulleres compartan de maneira equilibrada as responsabilidades domésticas e familiares e realicen un uso equitativo dos tempos e das medidas de conciliación, entre outras.
O Plan Corresponsables é unha política pública promovida polo Ministerio de Igualdade, concretamente pola Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, que ten por obxecto iniciar o camiño cara á garantía do coidado como un dereito en España desde a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao abeiro da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. O artigo 14 establece que lles corresponde aos poderes públicos o establecemento de medidas que aseguren a conciliación do traballo e da vida persoal e familiar das mulleres e dos homes, así como o fomento da corresponsabilidade nos labores domésticos e na atención á familia, e no artigo 44 sinala que os dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral se lles recoñecerán aos traballadores e ás traballadoras de forma que fomenten a asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación baseada no seu exercicio.
O II Plan galego de benestar laboral, conciliación e corresponsabilidade 2022-2025 ten por finalidade a consolidación e a visibilización de actuacións de distinta índole que incidan na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar, poñendo o foco nunha repartición equitativa das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes, en liña coas últimas decisións adoptadas pola Comisión Europea que tratan de apoiar a conciliación da vida familiar e a vida profesional, a través da mobilización de instrumentos financeiros e instando a reorientación dos recursos existentes do orzamento da Unión Europea cara a investimentos prioritarios que contribúan á súa consecución. Así mesmo, promóvese a dignificación dos coidados e a calidade do emprego neste ámbito e das persoas profesionais fomentando, así mesmo, a ruptura de estereotipos que levan á feminización dos coidados e a infrarrepresentación dos homes neste ámbito.
Nesta actuación recoñécese o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, como o idóneo para desenvolver accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, a prevención e a erradicación da violencia de xénero, así como para establecer as condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social, polo que nesta materia se vén traballando coas entidades locais no marco da colaboración e coordinación, para avanzar na consecución do obxectivo común de acadar unha sociedade igualitaria e coas mesmas oportunidades para mulleres e homes. Pola súa vez, promóvese e impúlsase un marco de xestión compartida no ámbito da colaboración e cooperación entre concellos para dotar dunha maior eficacia e eficiencia os servizos e as actuacións en materia de igualdade no ámbito territorial de Galicia.
Consonte o anterior, esta convocatoria ten por obxecto facilitar a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co obxecto de favorecer a igualdade de oportunidades e de trato no territorio e a erradicación da violencia de xénero, e a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, así como para impulsar o funcionamento e a consolidación dos servizos de atención integral de información e asesoramento no territorio, co fin de prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular, a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
Con este fin, recóllese un marco de axudas públicas para o financiamento de medidas e actuacións desenvolvidas polas entidades locais, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartida, ao abeiro de tres programas: a) Programa do Plan Corresponsables; b) Programa de promoción da igualdade prevención e tratamento da violencia de xénero; c) Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM).
A Consellería de Política Social e Igualdade é o órgano ao cal, entre outras competencias, lle corresponde promover e adoptar medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes, segundo dispón o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica. Concretamente, a través da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, correspóndenlle, entre outras, a función de propoñer medidas, programas e normas dirixidos á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural, e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos, e establecer relacións e canles de participación con asociacións, fundacións e outros entes e organismos que teñan entre os seus fins a consecución da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.
As bases reguladoras e a convocatoria destas axudas axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño); no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e, no que resulte de aplicación; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro), e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 176, do 25 de xullo).
O Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, polo que para este programa é de aplicación e dáse debido cumprimento ao previsto no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados; no Regulamento (UE) nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013, e na Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
O programa Plan Corresponsables (SI436A) está financiado con fondos finalistas do Estado procedentes do Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables (liña de actuación 00524-Plan Corresponsables) e o Programa de apoio aos CIM (SI427B) está financiado con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta convocatoria tramítase como expediente anticipado de gasto, ao abeiro do disposto no artigo 1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 209, do 29 de novembro), e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 201, do 29 de outubro), ao existir crédito adecuado e suficiente para este fin no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2025 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de outubro de 2024.
Así mesmo, segundo o establecido no seu artigo 5, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.
Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas,
RESOLVO:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2025 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de lles prestar unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou estean nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
Coa dita finalidade establécense os seguintes programas:
a) Programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A).
b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, en diante, Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A).
c) Programa de apoio aos centros de información á muller, en diante, Programa de apoio aos CIM (SI427B).
2. Só se pode presentar ou participar nunha solicitude de subvención, ben sexa individual ou conxunta, respecto de cada un dos programas previstos no número 1 anterior. Para o caso de concorrencia de solicitudes, individuais e conxuntas ou de xestión compartida, dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.
No caso do Plan Corresponsables (SI436A) só se pode presentar ou participar nunha solicitude de subvención, ben sexa individual ou conxunta, respecto de cada unha das dúas tipoloxías de proxectos: servizos de coidado e/ou accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados. Para o caso de concorrencia de solicitudes, individuais e conxuntas ou de xestión compartida para a mesma tipoloxía de proxecto, prevalecerá a solicitude de xestión compartida.
3. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.
Artigo 2. Financiamento
1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de doce millóns douscentos dous mil oitocentos noventa e un euros (12.202.891,00 €) distribuídos en tres programas e, nun deles, en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Programa-procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe 2025 (€) |
Importe 2026 (€) |
Total (€) |
|
Artigo 1.a)-SI436A |
08.07.312G.460.1 |
2021 00175 |
6.500.000 |
6.500.000 |
|
|
Artigo 1.b)-SI435A |
08.07.313B.460.0 |
2023 00095 |
650.000 |
650.000 |
|
|
Artigo 1.c)-SI427B |
08.07.313B.460.0 |
2015 00144 |
3.252.891 |
1.800.000 |
5.052.891 |
|
Total |
10.402.891 |
1.800.000 |
12.202.891 |
||
As axudas do programa SI436A están financiadas con fondos finalistas do Estado do Plan Corresponsables; as axudas do programa SI427B están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas do programa SI435A están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ES04.8: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos e medida 2.H.03: Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
2. De conformidade co establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, o outorgamento destas subvencións queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da súa concesión nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
3. O importe máximo inicial do crédito destinado aos programas e subvencións obxecto desta convocatoria poderá ser ampliado en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias, nos supostos e nas condicións previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento do importe queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda e, para o caso particular do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, logo de informe favorable da modificación orzamentaria que corresponda por parte do organismo intermedio do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (actualmente a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos). A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
Artigo 3. Compatibilidade con outras axudas e ingresos xerados
1. No Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) as subvencións para as actuacións e actividades recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.
2. No programa do Plan Corresponsables no ámbito local (SI436A) e no Programa de apoio aos CIM (SI427B) é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das accións subvencionadas.
3. No caso do programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A), se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
No caso do programa do Plan Corresponsables (SI436A), cando as entidades teñan establecido o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, os ingresos obtidos deberán destinarse ou reverter nas propias actuacións desenvolvidas no marco do Plan Corresponsables, circunstancia que deberá acreditarse na fase de xustificación da subvención mediante certificación asinada pola persoa secretaria da entidade local. No caso de que non as revertan ou non se xustifique segundo o establecido, descontaranse os ingresos obtidos polas taxas do importe da subvención concedida no momento do pagamento final. En todo caso, deberase favorecer a gratuidade e a universalidade das actuacións e, no caso de que se establezan taxas, deberán terse en conta criterios de renda e de cargas familiares nos prezos de acceso ao servizo para as persoas usuarias.
Artigo 4. Entidades beneficiarias e requisitos
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
2. Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada un dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.
3. Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao Programa de apoio aos CIM (SI427B), a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.
Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.
4. Para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa Plan Corresponsables (SI436A), a entidade local tamén debe cumprir co seguinte:
a) Non ser sancionada, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, pola comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de prevención de riscos laborais no ano anterior a esta orde.
b) Non ser obxecto de sanción por resolución administrativa firme ou condenada por sentenza xudicial firme por levar a cabo prácticas laborais consideradas discriminatorias pola lexislación vixente, salvo cando se acredite cumprir coa sanción ou a pena imposta e elaborar un plan de igualdade ou adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes.
5. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2023 ao Consello de Contas de Galicia, e, ademais, no caso dos CIM, deberá ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2024 ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo os termos e os prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
6. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no número 5.
Artigo 5. Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións
1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.
2. As entidades locais que se agrupen ou asocien para o Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para o do Plan Corresponsables, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:
a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.
Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega, logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do Programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.
b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Consellería de Política Social e Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.
c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.
d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que, para poder conceder a subvención solicitada, todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta orde, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.
4. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se faga constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.
5. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para o cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, así como no de Plan Corresponsables, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.
Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Artigo 6. Programa Plan Corresponsables no ámbito local: accións subvencionables e contía da axuda
1. No programa Plan Corresponsables (SI436A) considéranse subvencionables as actuacións cuxa finalidade sexa facilitar a conciliación das familias con menores de ata 16 anos de idade, mediante a posta en marcha de servizos de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e a sensibilización da sociedade, particularmente dos homes, en materia de corresponsabilidade e coidados.
As actuacións destinaranse con carácter prioritario á atención de familias monoparentais materna ou paterna, mulleres vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra as mulleres, persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social e unidades familiares en que existan outras responsabilidades relacionadas cos coidados.
Nos procesos de valoración do acceso aos servizos postos en marcha con cargo aos fondos recibidos deberán considerarse como criterios de valoración o nivel de renda e as cargas familiares das persoas que soliciten a participación neles.
2. Ao abeiro deste programa, serán subvencionables as seguintes tipoloxías de proxectos:
2.1. Servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos/das profesionais que presten os seus servizos neste marco, de menores de ata 16 anos de idade, coa posibilidade de desenvolver unha ou máis das seguintes modalidades:
a) O domicilio por un número determinado de horas semanais.
b) En dependencias públicas convenientemente habilitadas para o efecto, cumprindo coas garantías sanitarias, tales como escolas, centros municipais ou polideportivos, entre outros.
c) Uso de espazos habilitados (centros educativos, centros socioculturais, etc.)
2.2. Accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados a impulsar modelos de masculinidades corresponsables e igualitarios. As ditas accións poderán ter un espectro amplo (materiais divulgativos, estudos/informes técnicos, programas formativos, celebración de xornadas, obradoiros, etc.) e dirixiranse a homes ou ao conxunto da sociedade, se se considera oportuno. En calquera caso, as accións enmarcadas nesta categoría de proxectos deberán ter sempre o obxectivo de promover a implicación e sensibilización dos homes en materia de corresponsabilidade e coidados.
3. Os servizos de coidados profesionais de calidade poderán prestarse tanto fóra do horario escolar (períodos non lectivos, vacacións escolares, ampliación de horario escolar, etc.), como dentro del (servizo de coidado para menores expulsadas/os do centro escolar, non escolarizados, etc.) sempre que teñan como finalidade facilitar a conciliación das familias con menores de ata 16 anos a cargo e cando os ditos servizos non poidan ser cubertos por outros (educativos, sociais ou doutro tipo).
Para a provisión de coidados a menores de ata 16 anos de idade poderanse usar, preferentemente, os espazos públicos habilitados (centros educativos, centros socioculturais, polideportivos, bibliotecas, etc.). Para a utilización excepcional doutros espazos de carácter privado, cando sexa imposible a utilización de espazos públicos ou semipúblicos (públicos de xestión privada ou privados de xestión pública), requirirase autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade.
4. No caso de servizos de coidado profesional, deberán supoñer en todo caso a creación de emprego de calidade e/ou o fomento do emprego de persoas mozas con perfís profesionais relacionados cos coidados a menores, como técnica/o superior en Animación Sociocultural e Turística, monitoras/es de ocio e tempo libre, técnica/o superior en Ensino e Animación Sociodeportiva, Educación Infantil e Primaria, auxiliares de Gardaría e Xardín de Infancia, así como titulacións análogas. Valoraranse, de maneira preferente, aqueles perfís que teñan, ademais da acreditación mencionada, formación en materia de igualdade (axentes de igualdade, técnico/a superior en Promoción da Igualdade de Xénero, etc.).
Entenderanse como análogas aquelas titulacións que poidan ter unha nomenclatura distinta das citadas, pero que se enmarquen no ámbito do coidado.
A inclusión de perfís relacionados co ámbito educativo e da atención a persoas con discapacidade non implica que se poidan poñer en marcha proxectos educativos que van máis aló do coidado a menores para facilitar a conciliación familiar, nin que os gastos de atención especial a persoas con necesidades educativas especiais ou discapacidade se encontren incluídos entre os subvencionables.
5. Queda excluído o financiamento de gastos que se materialicen en prestacións económicas directas a persoas e/ou familias.
6. A contía da subvención que se concederá determinarase en función do número de persoas que se vaian contratar para desenvolver os servizos de coidado e/ou as accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinadas a impulsar modelos de masculinidades corresponsables e igualitarios recollidos no número 2, tendo en conta os límites máximos da subvención establecidos nos números 8 e 9.
7. Serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos os dous incluídos.
8. Para determinar o gasto subvencionable e o importe da subvención teranse en conta os custos directos de persoal dos/das profesionais que leven a cabo as medidas do Plan Corresponsables.
9. Contía de ata 34.700 euros por persoa contratada a tempo completo para un período de 12 meses, incluídas as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora. O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial ou por un período inferior a 12 meses.
A contía da axuda por persoa contratada incrementarase en 3.000 euros cando a persoa contratada estea nalgún dos seguintes colectivos, sempre e cando se indique na solicitude, non acumulables:
– Mulleres maiores de 45 anos.
– Mulleres vítimas de violencia de xénero.
– Persoas con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Para o caso de mulleres contratadas vítimas de violencia de xénero, a acreditación documental da súa circunstancia recollerase na fase de xustificación das axudas, coa documentación acreditativa desta situación segundo o previsto no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
Para o caso de persoas contratadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a acreditación documental da súa circunstancia recollerase na fase de xustificación das axudas, coa certificación acreditativa desta situación no caso de que esta non fose emitida pola Xunta de Galicia.
10. En todo caso, a contía máxima da axuda será de 55.000 euros, cando se trate dunha solicitude individual, e de 120.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.
11. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal. En todo caso, non se xerará dereito ao cobramento da subvención, e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden, como mínimo, o 25 % do custo do persoal.
Artigo 7. Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero: accións subvencionables e contía da axuda
1. Ao abeiro deste programa (SI435A) son subvencionables programas de actuacións directas de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero.
As actuacións estarán dirixidas específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. No caso das mulleres vítimas de violencia de xénero, das mulleres vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas e das mulleres lactantes sen apoio familiar ou sen recursos, as actuacións tamén se poden dirixir aos/ás seus/súas fillos e fillas.
Terán a consideración de mulleres en situación de vulnerabilidade aquelas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
– Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica.
– Vítimas de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
– Inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas.
– Pertencentes a unha minoría étnica.
– Dependentes do consumo de substancias tóxicas ou en procesos de rehabilitación.
– Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares.
– Reclusas ou exreclusas.
– Procedentes de institucións de protección ou reeducación de menores.
– Transexuais ou con conflitos de identidade de sexo.
– Con diversidade funcional ou enfermidade mental.
– Con responsabilidades familiares non compartidas.
– Procedentes de núcleos familiares con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.
– Embarazadas ou lactantes sen apoio familiar ou sen recursos.
– Sen fogar ou que habitan nunha infravivenda, ou afectadas por un proceso de desafiuzamento.
– Sen titulación ou con baixa cualificación.
Nos programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, as actuacións subvencionables terán que encadrarse nalgún dos seguintes tipos: accións de apoderamento; servizos de atención, orientación e acompañamento para a mellora da situación persoal, social e laboral; asesoramento xurídico especializado e accións de atención directa a fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero ou de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas ou de lactantes sen apoio familiar ou sen recursos.
As actuacións buscarán a recuperación da súa identidade e autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais prestando apoio e orientación persoal, social e laboral. Terán en conta o diferencial feminino e o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como elemento básico da atención especializada que deben recibir as mulleres en situación de vulnerabilidade. Cada actuación do programa deberá incorporar a perspectiva de xénero con carácter transversal e incluír contidos que se poidan encadrar nos seguintes módulos: estereotipos de xénero, a perspectiva de xénero e a prevención da violencia de xénero. Como mínimo, cada actuación contará cun destes módulos cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para cada actuación.
Tanto as actuacións como a cartelaría e a documentación que dea soporte ás actuacións subvencionables incorporarán unha linguaxe inclusiva e imaxes non sexistas e estereotipadas.
2. O número de persoas participantes nas actuacións deste programa non poderá ser inferior a oito (8).
3. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das medidas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero referidos a custos directos de persoal, outros custos directos e custos indirectos, nos termos establecidos no artigo 9.2.
Só serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 setembro de 2025, ambos os dous incluídos.
4. As actuacións xustificaranse a través da modalidade de custos simplificados de financiamento a tipo fixo, segundo se establece no artigo 53.1.d) do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e, adicionalmente, no artigo 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060. O importe dos custos directos de persoal subvencionables incrementaranse un 10 % para o financiamento doutros gastos vinculados á medida subvencionada. Este incremento do 10 % non requirirá a presentación de ningunha documentación xustificativa adicional.
5. O importe máximo dos custos directos de persoal que se pode presentar para optar a esta axuda é de 30.000 euros; para o caso de que sexa superior, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que o reaxuste.
En todo caso, a contía máxima da axuda será de 15.000 euros, cando se trate dunha de solicitude individual, e de 28.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.
O importe da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe que resulte da puntuación obtida na valoración realizada segundo o establecido no artigo 16, co límite da contía máxima da axuda que corresponda ou, de ser inferior, da contía solicitada.
6. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal.
En todo caso, non se xerará dereito ao cobramento da subvención, e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden, como mínimo, o 40 % do custo do persoal ou cando non se teña acadado o número mínimo de persoas participantes segundo o establecido no número 2.
Artigo 8. Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM): accións subvencionables e contía da axuda
1. As accións subvencionables comprendidas no Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM) serán:
1.1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
Cando as prazas ou os postos antes referidos non estean ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, a entidade deberá presentar xustificación razoada da motivación que lle impide tal cobertura. Con carácter xeral, só se admitirá como xustificación a cobertura por persoal funcionario interino, baixas por enfermidade ou similares, as que deriven da aplicación da lexislación vixente, ou por estar en curso o proceso de oposición ou concurso correspondente.
1.2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para realizar as correspondentes funcións.
2. Cada entidade local deberá solicitar axuda para os diferentes postos do CIM nunha única solicitude. En primeiro lugar, atenderase ao financiamento dos postos necesarios para o normal funcionamento do CIM, segundo o disposto no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, e o crédito restante destinarase ao financiamento dos postos de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
3. Serán gastos subvencionables os custos directos de persoal que desenvolva funcións no CIM nos termos establecidos no artigo 9.3 e segundo resulta do previsto neste artigo. Serán subvencionables os custos de persoal xerados entre o 1 de abril de 2025 e o 31 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.
As entidades beneficiarias deberán identificar e xustificar de maneira independente os gastos directos de persoal que se imputarán en cada exercicio. Os gastos de persoal correspondentes ao período comprendido entre o 1 de abril de 2025 e o 30 de novembro de 2025 imputaranse ao exercicio 2025, e os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2025 e o 31 de marzo de 2026, ao exercicio 2026.
4. Os tipos de axuda para o programa de apoio aos centros de información á muller (CIM) serán:
4.1. Subvención aos postos de traballo ocupados por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016, do 15 de setembro:
a) Postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 35.000 euros, e cando sexa a tempo parcial, será de ata 21.000 euros. En todo caso, a xornada da dirección do CIM terá que realizarse nos termos establecidos na alínea a) do artigo 10.1 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
b) Postos de traballo de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. O persoal que ocupe os ditos postos deberá cumprir cos requisitos de formación e experiencia establecidos no artigo 10.3 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro. Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 29.000 euros, e cando sexa a tempo parcial, será de ata 17.500 euros.
4.2. Subvención aos postos ocupados por persoal laboral temporal e contratación mercantil vinculados ao CIM nos termos establecidos no Decreto 130/2016, do 15 de setembro:
a) Postos de asesoramento xurídico e atención psicolóxica. A contía máxima da axuda será de ata 16.500 euros por especialidade.
b) Postos de traballo de técnicos/as ou axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. O persoal que ocupe os ditos postos deberá cumprir cos requisitos de formación e experiencia establecidos no artigo 10.3 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro. A contía máxima da axuda será de ata 14.000 euros.
5. A contía total máxima de axuda que se pode conceder ao abeiro do Programa de apoio aos CIM é de 52.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude individual, e de 120.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante dunha fusión de concellos.
6. O importe da subvención calcularase aplicando ao orzamento elixible presentado a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 16, cos límites de axuda máxima que correspondan segundo o indicado no número 4 anterior ou, de ser inferior, da contía solicitada.
7. Procederá a minoración proporcional do importe da subvención concedida cando o orzamento elixible executado e xustificado, en cada un dos períodos previstos no número 3, teña un custo inferior ao inicialmente previsto tido en conta para o cálculo da contía concedida en cada un deles.
Artigo 9. Gastos subvencionables
1. Programa Plan Corresponsables (SI436A). Serán gastos subvencionables os derivados do programa obxecto da axuda, realizados nos prazos e períodos de referencia e que respondan a algunha das seguintes categorías e conceptos:
Gastos directos de persoal: serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal as retribucións salariais brutas totais do persoal contratado para o desenvolvemento dos servizos de coidados e/ou das accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinadas a impulsar modelos de masculinidades corresponsables e igualitarios, correspondentes ao tempo efectivo dedicado á execución da actuación ou medida subvencionada, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.
No caso de contratación mercantil ou externa, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo, sempre que o persoal e o custo pola súa contratación estean claramente identificados e detallados na factura.
Serán requisitos obrigatorios dos gastos de persoal para desenvolver os servizos de coidados de menores en familias con fillas e fillos menores a cargo de ata 16 anos, ademais dos perfís profesionais incluídos no artigo 6.4, os seguintes:
a) En todo caso, os contratos de traballo subscritos no marco deste programa –tamén aqueles nos cales se amplíe ou mellore a xornada– deberán incluír a cláusula seguinte: «Este contrato será obxecto de financiamento a través do Plan Corresponsables».
b) As persoas que se vaian contratar deben dispoñer do correspondente certificado de inexistencia de antecedentes por delitos de natureza sexual, así como do certificado negativo de antecedentes penais relacionados con delitos contra a infancia.
c) A selección do persoal para os servizos de coidados deberá axustarse ao procedemento establecido na lexislación de réxime local, na concordante de emprego público e na normativa laboral, que garantan o principio de igualdade, mérito e capacidade.
d) As mulleres que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero terán preferencia se teñen o perfil profesional do posto de traballo que hai que cubrir, conforme a oferta de emprego presentada pola entidade beneficiaria.
Cada entidade deberá reservar un mínimo do 15 % da contía asignada para a contratación deste colectivo, agás que non exista un número suficiente de mulleres para alcanzar a citada porcentaxe.
e) En ningún caso poderán introducirse na selección das persoas para contratar criterios que poidan impedir a libre circulación de persoas traballadoras, tales como o empadroamento nunha determinada entidade local. En todo caso, o procedemento de selección deberá garantir a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminación por razón de sexo, raza ou orixe étnica, relixión ou conviccións, en relación coas persoas participantes que cumpran os requisitos de acceso.
2. Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A). Serán gastos subvencionables os derivados do programa obxecto da axuda, realizados nos prazos e períodos de referencia e que respondan a algunha das seguintes categorías e conceptos, sendo as categorías doutros gastos directos e doutros gastos indirectos con cargo ao 10 % adicional que se recolle no artigo 7.5, que non requiren xustificación adicional:
2.1. Gastos directos: terán esta consideración aqueles custos que estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e que, polo tanto, se refiran de forma inequívoca e identificable a ela, en particular, os seguintes:
a) Gastos directos de persoal: serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal as retribucións salariais brutas totais do persoal propio da entidade, incluído o salario base, complementos, pagas extraordinarias, cotizacións sociais a cargo da persoa traballadora e Seguridade Social a cargo da empresa, nos termos recollidos no artigo 16.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1057 e na Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027. En relación cos gastos relativos ás cotizacións sociais, para o cálculo do importe elixible descontarase o importe correspondente ás bonificacións ou reducións que poidan estar asociadas ao pagamento desas cotizacións.
No caso de contratación mercantil ou externa, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo, sempre que o persoal e o custo pola súa contratación estean claramente identificados e detallados na factura.
Non serán subvencionables os gastos de persoal que non fose contratado especificamente para o desenvolvemento da medida ou actuación subvencionada, nin os gastos de persoal pertencente aos CIM de calquera das entidades locais de Galicia.
Excepcionalmente, en atención ás circunstancias concorrentes debidamente xustificadas pola entidade solicitante, sempre que se trate de actuacións con permanencia no tempo que supoñan funcións de intervención directa e exista persoal cualificado non pertencente ao CIM que xa as viñese realizando con anterioridade, poderán ser subvencionables os custos de persoal correspondentes á porcentaxe de horas imputadas ás ditas funcións. Neste caso, deberá achegarse unha resolución expresa, asinada polo/a representante legal da entidade local, acreditativa da adscrición do persoal ao programa, coa porcentaxe de xornada destinada ao programa, medida ou actuación subvencionada e o período polo que se adscribe (segundo o modelo publicado no portal web https://igualdade.xunta.gal/).
Non obstante o anterior, non serán subvencionables os custos do persoal que ocupe postos de traballo ou que pertenza a servizos financiados, total ou parcialmente, con fondos procedentes de plans ou programas de calquera Administración pública, en particular, do programa de servizos sociais comunitarios.
Non serán subvencionables os gastos de persoal que desenvolvan funcións de preparación, xestión, coordinación ou dirección.
b) Outros gastos directos: serán subvencionables en concepto de custos directos a elaboración de materiais, a adquisición de materiais didácticos ou outros materiais necesarios para a realización da actividade, os gastos de seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas da actuación subvencionada, os gastos de transporte por desprazamentos das persoas participantes en actividades programadas, axudas de custo e gastos de locomoción do persoal que desenvolve a actividade necesarios para a súa realización.
2.2. Gastos indirectos: serán subvencionables en concepto de custos indirectos os gastos correntes que non corresponden en exclusiva á operación subvencionada por teren carácter estrutural e que resulten necesarios para o seu desenvolvemento: gastos en bens consumibles e en material funxible, gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).
2.3. En todo caso, as actuacións que se desenvolvan ao abeiro deste programa deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, no Regulamento (UE) nº 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1296/2013, e na Orde TES/106/2024, do 8 de febreiro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo Plus durante o período de programación 2021-2027.
3. Programa de apoio aos CIM (SI427B). Serán subvencionables os custos directos de persoal do persoal que desenvolva funcións no CIM, segundo resulta do previsto no artigo 8. Serán subvencionables en concepto de custos directos de persoal as retribucións salariais brutas totais do persoal propio da entidade, correspondentes ao tempo efectivo dedicado á execución da actuación ou medida subvencionada, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora.
No caso de contratación mercantil ou externa, serán subvencionables os custos de persoal que formen parte da prestación do servizo externo.
4. Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de recuperación ou compensación.
5. Non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación ou programa subvencionado, tales como contratación de persoal, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministración relacionados con eles, sempre que non sexan achegados pola mesma persoa física ou xurídica.
6. De acordo co disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías do contrato menor establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á prestación do servizo ou á entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
Artigo 10. Presentación de solicitudes e prazo
1. O prazo de presentación de solicitudes para os tres procedementos será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
2. As solicitudes para os tres procedementos presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Artigo 11. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I.1, I.2 ou I.3, segundo o programa), a documentación común e a específica de cada programa que se relaciona a seguir:
a) Anexo II: certificación do órgano competente da entidade en que se faga constar, entre outros, o acordo de solicitar a subvención ao abeiro do correspondente programa e do compromiso do financiamento do custo da actuación ou medida obxecto de axuda naquela parte que exceda o importe da subvención para a súa completa realización. No caso de mancomunidades ou consorcios, deberán cubrir o último punto do anexo para facer constar a relación de concellos que a integran e os que participan na actuación ou medida para a cal se solicita a subvención.
b) Anexo II-bis (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos): certificación do órgano competente do concello representante, en que se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados, as cuestións que se recollen no dito anexo en relación cos requisitos e condicións previstos no artigo 5.
c) Anexo III (só para o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero-SI435A): memoria descritiva da medida que se propón e das actuacións que se vaian realizar para desenvolvela, con indicación da duración e das datas de comezo e finalización estimadas, do importe dos custos directos de persoal, número estimado de persoas participantes, contidos das actuacións e módulos do artigo 7.1 impartidos, así como a tipoloxía dos gastos directos que se van imputar á subvención acordes co establecido no artigo 9.2. Non se valorará ningunha memoria complementaria deste anexo.
d) Anexo IV (só para o programa Plan Corresponsables-SI436A): memoria descritiva da medida que se propón e das actuacións que se vaian realizar para desenvolvela, con indicación da duración, das datas de comezo e finalización estimadas, do importe dos custos directos de persoal, número estimado de familias e menores de ata 16 anos que se estima que participen nos servizos de coidados.
Especificarase o lugar en que se vai realizar cada unha das actividades descritas que se prevé desenvolver de servizos de coidados, concretando se van ser nos domicilios das familias con menores a cargo de ata 16 anos, en dependencias públicas ou espazos habilitados.
Así mesmo, incluirase unha relación detallada do persoal que se vai contratar para o desenvolvemento dos servizos de coidados, que terá que pertencer a algún dos perfís profesionais exixidos no artigo 6, co detalle do perfil/titulación de cada unha, o tipo de contrato, o número de horas, meses e contía das súas retribucións para cada unha das persoas profesionais que se pretendan contratar, acordes co establecido no artigo 6.4, debidamente asinada pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante.
e) Anexo V.1 e V.2 (só para o Programa de apoio aos CIM-SI427B): orzamento desagregado dos gastos do persoal adscrito ao CIM (anexo V.1), debidamente asinado pola persoa que exerza a representación da entidade solicitante, así como as fichas individualizadas do persoal que presta ou que vaia prestar servizos no CIM (anexo V.2).
f) Copia do convenio de colaboración (só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos).
g) Memoria de aforro de custos respecto da realización do programa ou actividade de forma individualizada (só no caso de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades ou consorcios).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria para os tres procedementos deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 13. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
O incumprimento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no número 4 do citado artigo.
Artigo 14. Emenda da solicitude
1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a persoa solicitante para que, no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.
Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
2. Sen prexuízo do disposto no número anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.
Artigo 15. Instrución do procedemento e Comisión de Valoración
1. A instrución dos procedementos previstos nesta orde correspóndelle á Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade.
Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos serán remitidos á Comisión de Valoración.
2. De conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as solicitudes serán examinadas por unha Comisión de Valoración, coa seguinte composición:
– Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade ou persoa que a substitúa.
– Secretaría: exercerá a secretaría da Comisión unha das persoas que actúan como vogais da Comisión.
– Vogalías: a persoa titular do Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade; do Servizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación; e unha persoa da Dirección Xeral de Administración Local, con rango de subdirector/a ou, de ser o caso, de xefe/a de servizo.
Na composición do órgano procurarase a presenza equilibrada de mulleres e homes.
No caso de ausencia dalgunha das persoas que integran a Comisión de Valoración, será substituída pola persoa designada pola presidencia da Comisión.
3. O órgano instrutor, por petición da Comisión de Valoración, poderá requirir ás entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional aclaratoria que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e relación directa para unha mellor valoración das solicitudes.
4. Avaliadas as solicitudes seguindo os criterios e pautas establecidos no artigo 16, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará proposta da resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou denegación da subvención solicitada, e propoñerá a concesión de subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito dispoñible.
No suposto de esgotar o crédito dispoñible segundo o establecido no artigo 2, o resto das solicitudes consideradas subvencionables quedará en reserva para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución complementarias seguindo a orde de puntuación obtida.
Artigo 16. Criterios de valoración
1. A Comisión valorará os expedientes consonte os seguintes criterios comúns aos tres programas:
1.1. Solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, mancomunidades ou consorcios ou cando se trate de fusión de municipios, ata 40 puntos, de acordo co seguinte:
1.1.a) Agrupacións de concellos, mancomunidades ou consorcios, teranse en conta os seguintes aspectos:
a) Pola mera presentación da solicitude para a xestión compartida: 15 puntos.
b) Polo número de concellos asociados e a repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación total, segundo as cifras de poboación en 1 de xaneiro de 2024, fonte IGE: ata 15 puntos. De acordo co seguinte:
b.1) Polo número de concellos participantes: 2 concellos, 3 puntos; 3 concellos, 4 puntos; 4 concellos, 5 puntos; 5 concellos, 6 puntos; máis de 5 concellos, 7 puntos.
b.2) Pola poboación total: ata 5.000 habitantes, 1 punto; de 5.001 a 10.000 habitantes, 3 puntos; de 10.001 a 15.000 habitantes, 5 puntos; de 15.001 a 20.000 habitantes, 7 puntos; máis de 20.000 habitantes, 8 puntos.
c) Pola presentación dunha memoria de aforro de custos respecto da prestación do servizo de modo individual: 10 puntos.
1.1.b) Fusión municipal:
a) Pola mera presentación da solicitude: 30 puntos.
b) Polo número de concellos fusionados e a repercusión do proxecto tendo en conta a cifra de poboación total, segundo as cifras de poboación en 1 de xaneiro de 2024, fonte IGE: ata 10 puntos. De acordo co seguinte:
b.1) Polo número de concellos participantes: 2 concellos, 3 puntos; 3 concellos, 4 puntos; máis de 4 concellos, 5 puntos.
b.2) Pola poboación total: ata 5.000 habitantes, 1 punto; de 5.001 a 10.000 habitantes, 2 puntos; de 10.001 a 15.000 habitantes, 3 puntos; de 15.001 a 20.000 habitantes, 4 puntos; máis de 20.000 habitantes, 5 puntos.
1.2. Distribución poboacional da entidade local solicitante. No caso de agrupación de concellos, terase en conta a poboación do concello representante ou titular do CIM e, no caso de mancomunidades, terase en conta a media da poboación de todos os concellos que a integran, segundo as cifras oficiais de poboación en 1 de xaneiro de 2024, fonte IGE: ata 16 puntos. De acordo co seguinte: ata 5.000 habitantes, 16 puntos; de 5.001 ata 10.000 habitantes, 12 puntos; de 10.001 a 20.000 habitantes, 8 puntos, e máis de 20.000 habitantes, 4 puntos.
1.3. Colaboración coas actuacións da Consellería de Política Social e Igualdade, así como, no caso do Programa de apoio aos CIM, pola coordinación e traballo en rede a través da aplicación informática CIM desenvolvida pola dita consellería: 2 puntos.
1.4. Polo compromiso da entidade pola igualdade entre homes e mulleres: ata 2 puntos. De acordo co seguinte: a) estar adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, 1 punto; b) ter constituída unha concellaría para a promoción da igualdade, 1 punto.
1.5. Polo alcance da xustificación da axuda concedida para o mesmo programa polo que se solicita a subvención deste ano ao abeiro da convocatoria de axudas ás entidades locais do ano 2023 (DOG núm. 87, do 8 de maio de 2023), valorarase ata 10 puntos de acordo coa seguinte modulación: se a xustificación acadou unha porcentaxe de entre o 80 % e o 85 %, 4 puntos; máis do 85 % e ata o 95 % incluído, 6 puntos, e máis do 95 %, 10 puntos.
2. A Comisión valorará os expedientes consonte os seguintes criterios específicos para o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A):
2.1. Pola incorporación nas actuacións de máis dun módulo dos citados no artigo 7.1 (estereotipos de xénero, perspectiva de xénero e prevención da violencia de xénero) e cunha duración mínima do 10 % das horas previstas para a actuación, ata 10 puntos, de acordo co seguinte: máis do 50 % das actuacións inclúen dous módulos, 5 puntos; máis do 50 % das actuacións inclúen tres módulos, 10 puntos.
2.2. Pola duración do programa, ata un máximo de 15 puntos: 1,5 puntos por cada 15 horas de actividades ou actuacións que conteña o programa.
2.3. Se a entidade local non foi beneficiaria desta subvención (SI435A) no ano 2024: 5 puntos.
3. A Comisión valorará os expedientes consonte os seguintes criterios específicos para o programa Plan Corresponsables (SI436A):
3.1. Servizos de coidado profesional para familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade (ata 25 puntos):
3.1.a) Polo número de horas de posta á disposición e prestación dos servizos de coidado profesional por día nalgunha das actuacións: ata 3 horas diarias, 3 puntos; máis de 3 horas e ata 6 horas ao día, 6 puntos; más de 6 horas ao día, 10 puntos.
3.1.b) Pola continuidade e posta á disposición das actuacións, ata 10 puntos de acordo co seguinte:
3.1.b.1) Polo número de actuacións que se desenvolvan en períodos non lectivos (Nadal, Entroido, Semana Santa e verán): 1 punto por período ata un máximo de 4 puntos.
3.1.b.2) Pola continuidade das actuacións que se van desenvolver: desde 1 mes e ata catro meses, 2 puntos; máis de catro meses e ata sete meses, 4 puntos; máis de 7 meses e ata 9 meses, 5 puntos; máis de 9 meses, 6 puntos.
3.1.c) Pola posta á disposición e prestación de servizos de coidados en días festivos e/ou fins de semana cun mínimo de 4 días dentro do período subvencionable: 5 puntos.
3.2. Accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados (ata 25 puntos):
3.2.a) Polo número de actividades ou número de edicións da mesma actividade que se van desenvolver, 1 punto por cada unha ata un máximo de 10 puntos.
3.2.b) Pola duración do total das accións de formación e sensibilización, ata un máximo de 10 puntos: 2 puntos por cada 4 horas (4 horas, 2 puntos; 8 horas, 4 puntos; 12 horas, 6 puntos; 16 horas, 8 puntos; e máis de 16 horas, 10 puntos).
3.2.c) Se se posibilita a formación en liña: 5 puntos.
No momento da xustificación deberase acreditar e documentar a súa realización.
3.3. No suposto de que unha entidade local solicite a subvención para levar a cabo ambas as dúas tipoloxías de proxectos (servizos de coidado e accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados), a puntuación máxima que pode acadar na valoración dos criterios específicos do Plan Corresponsables establecidos nos puntos 3.1 e 3.2 anteriores non poderá exceder os 25 puntos en total polo que, se excede, corresponderanlle 25 puntos.
3.4. Se a entidade local non foi beneficiaria desta subvención (SI436A) no ano 2024: 5 puntos.
4. A Comisión valorará os expedientes consonte os seguintes criterios específicos para o Programa de apoio aos centros de información á muller (CIM):
4.1. Pola amplitude horaria na prestación dos servizos básicos, ata 20 puntos, segundo o seguinte:
4.1.a) Atención xurídica prestada en horario superior a 10 horas/semana: puntuarase con 0,40 puntos por cada hora de atención superior ao mínimo semanal, ata un máximo de 10 puntos.
4.1.b) Atención psicolóxica prestada en horario superior a 10 horas/semana: puntuarase con 0,40 puntos por cada hora de atención superior ao mínimo semanal, ata un máximo de 10 puntos.
Para a aplicación deste criterio teranse en conta os datos que constan na aplicación Xestión de CIM.
4.2. Grao de cofinanciamento das actuacións con fondos propios: ata 10 puntos, de acordo co seguinte:
– Máis do 10 % e ata o 20 %: 2 puntos.
– Máis do 20 % e ata o 30 %: 4 puntos.
– Máis do 30 % e ata o 40 %: 6 puntos.
– Máis do 40 % e ata o 50 %: 8 puntos.
– Máis do 50 %: 10 puntos.
5. No suposto de que máis dunha proposta obteña a mesma puntuación e non sexa posible por razóns orzamentarias adxudicar axuda a todas elas, para o desempate terá preferencia, en primeiro lugar, a solicitude de xestión compartida fronte á presentada individualmente; en segundo lugar, a puntuación obtida en cada criterio de valoración seguindo a orde establecida neste artigo, ata que se produza o desempate, e, de persistir este, resolverase tendo en conta a hora e a data de presentación da solicitude.
6. Ata esgotar o crédito dispoñible, a contía da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe de axuda que corresponda á puntuación obtida na valoración realizada segundo os criterios establecidos neste artigo e segundo os seguintes tramos:
• Máis de 75 e ata 100 puntos: 100 % do gasto subvencionable.
• Máis de 55 e ata 75 puntos: 95 % do gasto subvencionable.
• Máis de 40 e ata 55 puntos: 90 % do gasto subvencionable.
• Máis de 20 e ata 40 puntos: 80 % do gasto subvencionable.
• Ata 20 puntos: 70 % do gasto subvencionable.
No caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención no correspondente programa, sempre que non exista lista de espera, este repartirase entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de valoración, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.
Artigo 17. Resolución e notificación
1. As resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, logo da proposta do órgano instrutor e, no caso de que o seu contido sexa a concesión da subvención, tras a súa fiscalización pola Intervención delegada.
2. O prazo para resolver e notificar ás entidades interesadas será de catro meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada.
3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
No caso particular do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, deberá notificarse a cada entidade beneficiaria un documento en que se establezan as condicións da axuda. Así, na resolución de outorgamento da subvención constará a información sobre o cofinanciamento polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e a correspondente porcentaxe, con indicación do obxectivo político, prioridade, obxectivo específico e medida. Así mesmo, figurará a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deben entregarse ou prestarse, o plan de financiamento, o prazo de execución e, se procede, o método que se aplicará para determinar os custos da operación e as condicións de pagamento da axuda, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). Tamén se informará a entidade beneficiaria, cando proceda, de que a aceptación da subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
4. Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
5. As notificacións de resolucións e actos administrativos distintas ás previstas no número 3 deste artigo e no artigo 14 desta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
6. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
7. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
8. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
9. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 18. Réxime de recursos
1. As resolucións expresas ou presuntas ditadas ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse:
a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
2. Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se desestime por silencio o recurso de reposición interposto.
Artigo 19. Modificación da resolución
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. O órgano competente para a concesión destas axudas, nos supostos en que proceda, poderá acordar a modificación da resolución por instancia da entidade beneficiaria e coa debida antelación. Estas bases habilitan para aprobar as modificacións nos supostos en que proceda, atendendo aos obxectivos e requisitos da convocatoria e demais normativa aplicable.
Artigo 20. Solicitude de pagamento, prazo e xustificación da subvención
1. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da realización do programa subvencionado que se relaciona no número 3, e dentro do prazo establecido para cada un dos programas, segundo o seguinte:
1.1. Programa Plan Corresponsables e Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero: o prazo para a presentación da xustificación da medida subvencionada ao abeiro destes programas finaliza o 10 de outubro de 2025 (procedementos SI436A e SI435A).
1.2. Programa de apoio aos CIM: o prazo para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada finaliza o 11 de abril de 2026 (procedemento SI427B).
De acordo co sinalado no artigo 12, a documentación xustificativa deberá presentarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. As actuacións correspondentes ao Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados consonte o disposto nos artigos 53.1.d) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, segundo os custos directos de persoal subvencionables, aos cales se engade un tipo fixo do 10 % para financiar o resto de custos subvencionables da actuación.
A xustificación para o programa Plan Corresponsables (SI436A) realizarase a custo real mediante a presentación das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente acreditativos dos gastos de persoal correspondentes ás actuacións subvencionadas.
A xustificación para o Programa de apoio aos CIM (SI427B) realizarase consonte o disposto nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
3. Deberase presentar dentro do prazo sinalado nos números 1.1 e 1.2 deste artigo, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa, común e específica para cada programa:
3.1. Documentación común aos tres programas:
3.1.a) Anexo VI: solicitude de pagamento da axuda debidamente cuberta e asinada pola persoa que exerce a representación da entidade.
3.1.b) Anexo VII: declaración complementaria e actualizada na data da xustificación de todas as axudas solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma actuación ou actividade, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se é o caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións. E declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
3.1.c) Un exemplar de todos os materiais elaborados, carteis, folletos, enquisas, material didáctico, fotografías, capturas de pantalla e outros documentos, para os efectos de acreditar o cumprimento das obrigas de publicidade e información recollidas no artigo 22.3 e 4 desta orde.
3.2. Documentación específica para o programa Plan Corresponsables (procedemento SI436A).
3.2.a) Anexo VIII: certificación do gasto subvencionable. Nesta certificación reflectiranse, respecto de cada profesional que desenvolveu os servizos de coidados, os custos reais correspondentes aos gastos directos de persoal polo tempo efectivamente traballado para a execución da actividade subvencionada. Incluirase, así mesmo, o gasto correspondente ao do persoal contratado para o desenvolvemento das accións de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados.
No caso de que a entidade local teña establecido o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, certificación da secretaría da entidade local acreditativa de que os ingresos percibidos foron revertidos nas propias actuacións desenvolvidas no marco do Plan Corresponsables.
Os gastos directos de persoal subvencionables a custo real (nóminas, facturas...) xerados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025 deberán estar efectivamente pagados na data de finalización do prazo de xustificación da subvención, o 10 de outubro de 2025.
Para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando quede xustificado o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias.
Non obstante o anterior, cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez (10) días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso en período voluntario. En todo caso, a dita presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.
3.2.b) Para xustificar o custo real dos gastos directos de persoal terá que presentarse copia dos seguintes documentos:
– Contrato de traballo, no caso de persoal propio da entidade beneficiaria.
En todo caso, os contratos de traballo subscritos no marco deste programa, tamén aqueles nos cales se amplíe ou mellore a xornada, deberán incluír a cláusula seguinte: «Este contrato será obxecto de financiamento a través do Plan Corresponsables».
– Nóminas e recibos de liquidación de cotizacións, así como a relación nominal de persoas traballadoras e documentos bancarios que acrediten a súa realización, no caso de persoal propio da entidade beneficiaria.
– No caso de contratación mercantil dos gastos de persoal: facturas ou documentos con valor probatorio equivalente polo importe correspondente ao persoal contratado, así como os correspondentes xustificantes bancarios acreditativos do seu pagamento. No xustificante bancario deberán constar o número de factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa que emite a factura.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para o contrato menor de servizos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, as entidades beneficiarias deberán acreditar a publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da devandita lei, así como a resolución de adxudicación do servizo.
– Modelo 190 de resumo anual, retención de ingresos á conta do IRPF (modelo 111) correspondentes ao período durante o cal se desenvolveu a medida ou actividade subvencionada, unha vez que se dispoña deles segundo o indicado no último parágrafo alínea a) do punto 3.2 deste artigo, e xustificantes bancarios do ingreso do modelo 111 do IRPF.
3.2.c) Anexo IX (Plan Corresponsables-SI436A): memoria xustificativa da medida subvencionada, con descrición detallada da execución dos servizos de coidados, incluíndo a relación de servizos realizados, as persoas profesionais que desenvolveron os servizos, as familias ás cales prestaron os servizos de coidados, e as persoas mozas de ata 16 anos que se beneficiaron directamente desas bolsas de coidados. Incluiranse a descrición da tipoloxía e o lugar onde se desenvolveron os servizos de coidados.
No que respecta aos datos das persoas, necesariamente teranse que desagregar por sexo e incluiranse as desagregacións por colectivos prioritarios destes servizos de coidado e do persoal para levalas a cabo segundo o explicitado no artigo 6.
3.2.d) No caso de que se desenvolvesen accións de formación e sensibilización, engadirase unha memoria detallada das actividades e dos módulos impartidos. No caso de que as accións fosen en liña, deberán xustificalo documentalmente con capturas de pantalla ou enlace á sesión.
3.2.e) Unha relación numerada das persoas participantes, tanto nos servizos de coidados como nas accións de formación e sensibilización. A dita relación deberá estar asinada pola persoa responsable do programa acreditativa da atención recibida nos modelos publicados no portal web https://igualdade.xunta.gal/
3.2.f) Para o caso de mulleres contratadas vítimas de violencia de xénero, documento acreditativo desta situación segundo o previsto no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
3.2.g) A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de promoción da Igualdade, poderá solicitar calquera outra documentación relativa ao desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables subvencionadas ao abeiro desta convocatoria.
3.3. Documentación específica para o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (código de procedemento SI435A):
3.3.a) Anexo VIII: certificación do gasto subvencionable. Para este programa, na certificación do gasto subvencionable reflectiranse, respecto de cada un/unha dos/das profesionais e segundo o posto de traballo, os custos reais correspondentes aos gastos directos de persoal.
Os gastos directos de persoal subvencionables a custo real (nóminas, facturas...), xerados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, deberán estar efectivamente pagados na data de finalización do prazo de xustificación da subvención, o 10 de outubro de 2025.
Para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando quede xustificado o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias.
Non obstante o anterior, cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que comporten ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación.
As entidades beneficiarias quedan obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez (10) días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, a dita presentación terá como data límite o último día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.
3.3.b) Para xustificar o custo real dos gastos directos de persoal terá que presentarse copia dos seguintes documentos:
– Contrato de traballo ou xustificación da excepcionalidade prevista no último parágrafo do artigo 9.2.1.a), no caso de persoal propio da entidade beneficiaria.
– Informe da vida laboral que reflicta a situación de alta no período en que se desenvolveu a actividade subvencionada, no caso de persoal propio da entidade beneficiaria.
– Nóminas e recibos de liquidación de cotizacións, así como a relación nominal de persoas traballadoras e documentos bancarios que acrediten a súa realización, no caso de persoal propio da entidade beneficiaria.
– No caso de contratación mercantil dos gastos de persoal: facturas ou documentos con valor probatorio equivalente polo importe correspondente ao persoal contratado, así como os correspondentes xustificantes bancarios acreditativos do seu pagamento. No xustificante bancario deberán constar o número de factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa que emite a factura.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para o contrato menor de servizos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, as entidades beneficiarias deberán acreditar a publicación do anuncio da licitación do contrato por calquera dos medios establecidos no artigo 347 da devandita lei, así como a resolución de adxudicación do servizo.
– Modelo 190 de resumo anual, retención de ingresos á conta do IRPF (modelo 111) correspondentes ao período durante o cal se desenvolveu a medida ou actividade subvencionada, unha vez que se dispoña deles segundo o indicado no último parágrafo da alínea a) do punto 3.3 deste artigo, e xustificantes bancarios do ingreso do modelo 111 do IRPF.
3.3.c) Folla individualizada de asistencia do persoal que desenvolve a actividade asinada por cada profesional e pola persoa responsable da entidade beneficiaria que coordina e/ou xestiona a actividade, segundo o modelo que aparece publicado no portal web https://igualdade.xunta.gal/
3.3.d) Anexo X: memoria xustificativa da medida subvencionada, con descrición detallada de cada unha das actuacións desenvolvidas, incluída a tipoloxía dos gastos directos realizados, así como os resultados obtidos, con indicación do número de persoas participantes desagregadas por sexo.
3.3.e) Memoria detallada das actividades e dos módulos específicos citados no artigo 7.1 e 16.2.1 e a incorporación da perspectiva de xénero con carácter transversal, así como o material necesario para a súa xustificación e descrición (no caso de que se elaborase o dito material).
3.3.f) Relación numerada das persoas participantes asinada pola persoa responsable do programa, no modelo publicado no portal web https://igualdade.xunta.gal/. Para o caso de que as persoas participantes sexan menores de idade, a dita relación referirase aos proxenitores, preferentemente nai, pai ou ben persoa que exerza a tutela.
Esta relación será única para todas as actuacións e actividades da medida subvencionada, con independencia de que a mesma persoa participase nunha ou varias das actuacións.
Non serán computables as persoas que non se identifiquen nin aquelas das cales non consten os datos dos indicadores de realización e de resultados na aplicación informática creada para tales efectos e das cales non teñan debidamente cubertos os correspondentes cuestionarios de indicadores previstos no artigo 22.4.2.
Respecto dos cuestionarios de indicadores de realización e de resultado previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/1057, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+), empregaranse os modelos dispoñibles no portal web https://igualdade.xunta.gal/
3.3.g) Información e indicadores sobre actividades de comunicación en redes sociais e medios de comunicación: para facilitar esta información empregaranse os modelos dispoñibles no portal web https://igualdade.xunta.gal/
3.4. Documentación específica para o Programa de apoio aos CIM (procedemento SI427B). Segundo o disposto nos artigos 8 e 9 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, para xustificar o custo real dos gastos directos de persoal terá que xustificarse o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, mediante a presentación da seguinte conta xustificativa:
3.4.a) Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa:
1. Á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:
– Que se cumpriu a finalidade da subvención.
– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada, diferenciados por anualidades, coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente (nóminas, seguros sociais a cargo da entidade), importe, data de emisión e data de pagamento (no caso dos gastos da anualidade 2025: do 1 de abril de 2025 ao 30 de novembro de 2025) ou de recoñecemento da obriga polo órgano competente (no caso dos gastos da anualidade 2026: do 1 de decembro de 2025 ao 31 de marzo de 2026). Non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Dado que a subvención imputable á anualidade 2025 se aboa integramente como anticipo, o gasto considerarase realizado cando fose efectivamente pagado no ano 2025. Respecto da subvención imputable á anualidade 2026, o gasto entenderase realizado cando o órgano competente da entidade local contabilizase no ano 2026 o recoñecemento da obriga.
2. Que, segundo informe da intervención municipal, se tomou razón na contabilidade do gasto correspondente á execución do proxecto subvencionado.
3.4.b) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia (anexo VII).
3.4.c) De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (no suposto de que o gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, para o contrato menor de servizos).
3.4.d) Relación numerada de mulleres atendidas no período subvencionable no modelo publicado no portal web https://igualdade.xunta.gal/
3.4.e) As entidades locais beneficiarias están obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no ano 2026 no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria das beneficiarias de cada un dos aboamentos das subvencións concedidas.
4. Co obxecto de homoxeneizar a documentación xustificativa, a documentación prevista nas letras e) e g) do número 3.2, nas letras c) e f) do número 3.3 e na letra d) do número 3.4 deberá presentarse obrigatoriamente seguindo os modelos dispoñibles no portal web https://igualdade.xunta.gal/
5. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido para o efecto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
No caso de que a xustificación sexa incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez (10) días, advertíndoa de que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención concedida e, de ser o caso, a reintegrar a contía percibida en concepto de anticipo e os xuros de demora.
Artigo 21. Pagamento da subvención
1. Unha vez xustificada a subvención, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.
2. Realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución. No programa de apoio aos CIM a contía do anticipo non poderá ser superior ao importe da subvención imputada ao exercicio 2025; se for o caso, o importe do anticipo reducirase ata o dito límite. As entidades beneficiarias están exoneradas da obriga de constitución de garantía.
O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.
3. Procederá a minoración do importe da subvención concedida ou, de ser o caso, a perda do dereito ao seu cobramento, nos termos e nos casos previstos para cada un dos programas nos artigos 6.10, 7.6 e 8.7 desta orde, e nos demais supostos previstos no artigo 24 e na normativa de aplicación relacionada no artigo 26.
Artigo 22. Obrigas das entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta orde e as demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:
1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamentan a concesión da subvención dentro do período e dos prazos establecidos nesta convocatoria, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.
2. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control. Así mesmo, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
Ademais, no caso particular do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A):
– Manter rexistros contables independentes ou empregar códigos de contabilidade apropiados para todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con fondos do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
– Conservar todos os documentos xustificativos relacionados coa operación que reciba axuda do FSE+ durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que a autoridade de xestión do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria, nos termos establecidos no artigo 82 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
3. Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos termos que se indican a seguir para cada un dos programas:
– Programa Plan Corresponsables (SI436A): en todo tipo de publicidade e información relativas á actuación e actividades subvencionadas terá que constar a condición de financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. Así mesmo, en todos os documentos relacionadas con estas subvencións deberán incluírse os logotipos da Consellería de Política Social e Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdad y para la Erradicación de la Violencia contra las Mujeres do Ministerio de Igualdade, xunto coa imaxe gráfica do Plan Corresponsables.
– Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A): ademais de dar cumprimento á obriga de dar axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, tamén se debe cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación establecidas no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. En particular, de conformidade cos artigos 47 e 50 do devandito regulamento, nos espazos en que se desenvolvan as actuacións contarán co emblema da Unión Europea xunto coa declaración «Cofinanciado pola Unión Europea». Igualmente, nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a operación, nun lugar ben visible para o público. Tamén se fará unha breve descrición da actuación na páxina web e nas contas nos medios sociais, no caso de dispoñer delas, mencionando os obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea. Ademais, en todos os documentos e materiais de comunicación relacionados coa execución da actuación, destinados ao público ou ás persoas participantes, proporcionarase unha declaración que saliente a axuda da Unión Europea de xeito visible.
No portal web https://igualdade.xunta.gal/ está dispoñible a información, os emblemas da Unión Europea e do órgano concedente, así como un modelo coas características do cartel, emblemas e contido de obrigada inclusión.
– Programa de apoio aos CIM (SI427B): nos espazos de atención ás usuarias informarase do apoio a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible en que terá que constar a condición de que a actuación está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade.
No portal web https://igualdade.xunta.gal/ están dispoñibles a información e os logos, así como un modelo coas características do cartel, emblemas e contido de obrigada inclusión.
4. No caso do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A), ao estar cofinanciado polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, as entidades beneficiarias ademais teñen as seguintes obrigas:
4.1. Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están cofinanciadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade – Dirección Xeral de Promoción da Igualdade) e pola Unión Europea. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes.
4.2. Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información indicadores de realización e de resultados previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2021/1057, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Social Europeo Plus (FSE+), polo que deberán realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos devanditos requisitos.
Os indicadores de realización relativos a cada persoa participante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da dito/a participante coa actuación cofinanciada, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación. Así mesmo, a Administración poderá requirir en calquera momento novos datos relativos á data en que se cumpran os seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.
Para estes efectos, facilitarase á entidade beneficiaria o acceso á aplicación Participa 2127 (https://participa2127.conselleriadefacenda.gal/Participa2127) e os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.
Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos do perfil cos indicadores de realización e de resultados das persoas participantes na aplicación informática Participa 2127. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar os cuestionarios de indicadores de realización e de resultados de cada unha das persoas participantes, asinados pola participante, segundo o modelo dispoñible na no portal web https://igualdade.xunta.gal/
5. Dar cumprimento á normativa de protección de datos persoais, en concreto, ao disposto no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (Regulamento xeral de protección de datos), na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa concordante.
As entidades beneficiarias da subvención serán responsables de informar de maneira fidedigna as destinatarias finais do tratamento que levarán a cabo sobre os seus datos, conforme o especificado no artigo 13 do Regulamento xeral de protección de datos, así como dos aspectos incluídos no parágrafo anterior, para o cal solicitarán o seu consentimento explícito. Así mesmo, as entidades beneficiarias serán responsables de custodiar a documentación que acredite o cumprimento destas obrigas.
6. Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.
7. Para o programa do Plan Corresponsables (SI436A), dispor dun plan de prevención de riscos laborais, conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
8. Facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas e por outros órganos de control impostos pola normativa no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
Para o caso do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A), as entidades beneficiarias tamén están obrigadas a facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 74 a 80 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, e por outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
9. Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar a Consellería de Política Social e Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais, para o cal achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Para o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A), por tratarse de axudas cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, a entidade beneficiaria someterase ademais ás actuacións de control, comprobación e inspección e ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Artigo 23. Responsabilidade
A organización e a materialización das accións obxecto de subvención será responsabilidade exclusiva da entidade beneficiaria; a actuación da Consellería de Política Social e Igualdade quedará limitada ao seu outorgamento e a garantir o cumprimento da normativa en materia de axudas públicas.
Artigo 24. Reintegro e sancións
1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.
Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.
2. Polo anterior, ademais do disposto na normativa xeral de aplicación a estas axudas, procederá a minoración da subvención concedida ou a perda do dereito ao seu cobramento e, de ser o caso, ao reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos supostos establecidos nos artigos 6.10, 7.6 e 8.7, respecto ao correspondente programa dos previstos nesta convocatoria.
3. Procederá a minoración da subvención concedida ou, de ser o caso, o reintegro do 10 % sobre a contía total da axuda percibida, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.
4. Procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida ou, de ser o caso, o reintegro do 100 % da contía total da axuda percibida, máis os xuros de demora correspondentes, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.
5. Así mesmo, procederá a minoración ou, de ser o caso, o reintegro dun 2 % sobre a contía total da axuda percibida no caso de incumprimento dalgunha das obrigas recollidas nos números 2, 3 e 4 do artigo 22.
6. No Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) procederá a minoración ou, de ser o caso, o reintegro dun 2 % sobre a contía total da axuda percibida no caso de incumprimento da incorporación de módulos específicos de promoción da igualdade recollidos no artigo 16.2.1 tidos en conta para a valoración da solicitude.
7. No Programa do Plan Corresponsables (SI436A) procederá a minoración ou, de ser o caso, o reintegro dun 2 % sobre a contía total da axuda percibida cando na fase de xustificación non se acredite que se posibilitou a formación en liña das accións de formación e sensibilización, dato que se tivo en conta para a valoración da solicitude de acordo co artigo 16.3.2.c).
8. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.
Artigo 25. Control e loita contra a fraude
1. A Consellería de Política Social e Igualdade poderá levar a cabo as actividades de control que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta convocatoria.
2. Todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou ás que correspondan a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea.
3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, no seguinte enderezo:
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Paginas/ComunicacionSNCA.aspx. En canto non se habilite outra canle específica para o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, os devanditos feitos poderán poñerse en coñecemento a través do seguinte enderezo: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf
Artigo 26. Base de datos nacional de subvencións
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
Artigo 27. Información ás entidades interesadas
Sobre os procedementos administrativos asociados a esta convocatoria poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou da Consellería de Política Social e Igualdade, https://igualdade.xunta.gal; nos teléfonos 981 54 16 18, 881 99 91 63, 881 99 55 34 e 881 99 55 36 (procedemento SI436A), 981 54 73 97 e 981 54 53 53 (procedemento SI435A), 981 54 53 56 e 981 54 53 57 (procedemento SI427B).
Disposición adicional única. Delegación de competencias
Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade para resolver a concesión, a denegación, a modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Habilitación para ditar instrucións
Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións precisas para o desenvolvemento desta convocatoria, as cales serán obxecto de publicación no portal web https://igualdade.xunta.gal/
Disposición derradeira segunda. Inicio de efectos da convocatoria
Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2025
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
