De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselle á persoa interesada e que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.
O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, en Gregorio Hernández, nº 2, 1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
A persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, da Lei de axuizamento civil.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Data do acto administrativo |
Efectos da resolución |
|
2023/224/15 |
03474292G |
10.1.2025 |
Establecemento de medida administrativa |
