Primeiro. A Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2024) establece no seu artigo 4 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nestes programas. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.
Segundo. A Orde do 28 de decembro de 2023 establece no seu artigo 4.6 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional á porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia no período 2017-2021, segundo os datos rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.
Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.
Terceiro. A Orde do 28 de decembro de 2023 establece no seu artigo 4.1 que se financiará cos seguintes créditos:
– Para os incentivos á contratación das persoas mozas, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo propio) e a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00120, cun crédito de 1.000.000 de euros (fondo finalista).
– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas de longa duración e persoas de 52 anos ou máis, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo finalista).
– Para os incentivos á contratación de persoas emigrantes retornadas e estranxeiras, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00126, cun crédito de 2.000.000 de euros (fondo propio).
– Para os incentivos á contratación das mulleres desempregadas, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, cun crédito inicial de 7.000.000 de euros (fondo finalista).
– Para os incentivos á contratación das persoas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309, cun crédito de 3.000.000 de euros (fondo finalista).
– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexa unha entidade sen ánimo de lucro, a aplicación orzamentaria 44.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101, cun crédito de 500.000 € (fondo finalista).
Cuarto. A Orde do 29 de outubro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas do Plan Galicia emprega (DOG núm. 215, do 7 de novembro) amplía o importe das axudas establecidas na Orde do 28 de decembro de 2023 na liña de incentivos á contratación por conta allea de mulleres desempregadas, aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, no código de proxecto 2016 00313, na contía de 706.879,80 €.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas, ao abeiro do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, de acordo coa repartición provincial da contía segundo a porcentaxe de paro rexistrado en cada provincia no período 2017-2021.
Provincia da Coruña:
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, correspóndelle unha contía de 660.000 € e á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00120, correspóndelle unha contía de 330.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 12.2.2024 ás 11:33:42 horas (expediente TR342C/2024/849-01).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.2.2024 ás 12:28:35 horas (expediente TR342C/2024/666-01).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00126, correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 9.4.2024 ás 09:44:23 horas (expediente TR342C/2024/1367-01).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 2.543.270,33 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 26.1.2024 ás 12:35:17 horas (expediente TR342C/2024/430-01).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309, correspóndelle unha contía de 990.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.4.2024 ás 16:28:54 horas (expediente TR342C/2024/1308-01).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101, correspóndelle unha contía de 165.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 21.3.2024 ás 15:29:18 horas (expediente TR342C/2024/1266-01).
Provincia de Lugo:
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 22.3.2024 ás 11:53:24 horas (expediente TR342C/2024/544-02).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00120, correspóndelle unha contía de 170.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 1.4.2024 ás 08:51:22 horas (expediente TR342C/2024/552-02).
- Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 7.2.2024 ás 10:28:03 horas (expediente TR342C/2024/342-02).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00126, correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 14.2.2024 ás 19:22:00 horas (expediente TR342C/2024/383-02).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 1.310.169,57 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.2.2024 ás 12:40:47 horas (expediente TR342C/2024/317-02).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309, correspóndelle unha contía de 510.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 25.6.2024 ás 12:52:00 horas (expediente TR342C/2024/456-02).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101, correspóndelle unha contía de 85.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.2.2024 ás 13:48:28 horas (expediente TR342C/2024/319-02).
Provincia de Ourense:
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, correspóndelle unha contía de 340.000 € e á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00120, correspóndelle unha contía de 170.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 4.3.2024 ás 12:20:54 horas (expediente TR342C/2024/356-03).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 28.2.2024 ás 11:23:06 horas (expediente TR342C/2024/340-03).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00126, correspóndelle unha contía de 340.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 19.3.2024 ás 10:42:37 horas (expediente TR342C/2024/401-03).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 1.310.169,57 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 23.2.2024 ás 16:30:52 horas (expediente TR342C/2024/332-03).
Provincia de Pontevedra:
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00308, correspóndelle unha contía de 660.000 € e á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00120, correspóndelle unha contía de 330.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 8.2.2024 ás 19:32:24 horas (expediente TR342C/2024/877-05).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.4, código de proxecto 2016 00316, correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 6.2.2024 ás 10:53:51 horas (expediente TR342C/2024/802-05).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2016 00313, correspóndelle unha contía de 2.543.270,33 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 26.1.2024 ás 10:16:47 horas (expediente TR342C/2024/402-05).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.9, código de proxecto 2016 00309, correspóndelle unha contía de 990.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 7.3.2024 ás 14:41:22 horas (expediente TR342C/2024/1226-05).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.481.9, código de proxecto 2023 00101, correspóndelle unha contía de 165.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 3.6.2024 ás 14:21:05 horas (expediente TR342C/2024/1685-05).
– Á aplicación orzamentaria 44.04.322C.470.3, código de proxecto 2023 00126, correspóndelle unha contía de 660.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito, nos termos recollidos no número 3 do artigo 14 da convocatoria, foi a presentada na sede electrónica o día 2.5.2024 ás 14:48:33 horas (expediente TR342C/2024/1555-05).
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
