De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas de xestión:
1. Resolución do 28 de novembro de 2024 da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio técnico para o sistema de control e verificacións en relación co cumprimento das intervencións comunitarias cofinanciadas polo FEMPA 2021-2027, na Comunidade Autónoma de Galicia, así como polo FEMP 2014-2020, en relación co peche do referido programa operativo. Ano 2025.
– Actividade: a prestación dun servizo de apoio para a realización de controis de verificación dos sistemas e procedementos adoptados para garantir o correcto cumprimento dos proxectos e para satisfacer os requisitos establecidos no Regulamento (UE) nº 2021/1060 para o período FEMPA 2021-2027 e no Regulamento (UE) nº 1303/2013 para o período FEMP 2014-2020 en relación coas actuacións relacionadas co peche do referido programa operativo.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1 e código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
2. Resolución do 2 de decembro de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2025.
– Actividade: a realización polo sistema de administración, do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2025.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.01.541C.604.1 e código de proxecto 2011 00867.
3. Resolución do 15 de xaneiro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2025.
– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo da viabilidade técnica dos proxectos subvencionables a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1 e código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
4. Resolución do 15 de xaneiro de 2025, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do servizo de apoio administrativo á xestión do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2025.
– Actividade: a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o apoio administrativo á xestión do FEMPA na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A, filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.
– Financiamento: tramitación anticipada con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aplicación orzamentaria 16.02.723A.640.1 e código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
