DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11514

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2025 polo que se publica o acordo do nomeamento do xerente.

Mediante o Anuncio do 5 de decembro de 2024, publicado no Diario Oficial de Galicia número 235, do xoves 5 de decembro, convocouse a cobertura do posto de xerente pola quenda de promoción interna.

De conformidade co establecido nas bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o nomeamento lle corresponde ao Consello de Administración e que a resolución do proceso selectivo se publicará no Diario Oficial de Galicia. En virtude do anterior, o Consello de Administración que tivo lugar o 4 de febreiro de 2025

ACORDOU:

Con base na proposta do tribunal de selección, nomear xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a Diego Jorreto Díaz.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración
de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.