DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11512

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Palmás–Costa (Moaña)

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que suscribe, Sergio Ballesteros Rosales, con DNI 35******B, como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Palmás-Costa (Moaña), por este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria a todos os usuarios da Comunidade, que terá lugar o 16 de marzo de 2025, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no local da Asociación de Montes de Domaio, coa seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Presentación da memoria do ano 2024.

3. Estado de contas 2024.

4. Información xeral.

5. Elección de novos membros da Xunta de Goberno e do Xurado.

6. Rogos e preguntas.

Moaña, 21 de xaneiro de 2025

Sergio Ballesteros Rosales
Presidente