DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2024/142-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas no expediente instruído que se relaciona no dito anexo de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste departamento territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 21 de xaneiro de 2025

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2024/142-36.

Persoa interesada: 39498019G.

Acto que se notifica: resolucións administrativas do 22 de agosto de 2024 e do 16 de decembro de 2024.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: establecemento de medida administrativa e corrección de erros.