De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados neste departamento territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 22 de xaneiro de 2025
Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2024/142-36.
Persoa interesada: 39498019G.
Acto que se notifica: resolución administrativa do 22 de novembro de 2024.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
