DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2025 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0434-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 27 de novembro de 2024, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación cunhas obras realizadas en solo rústico, expediente PO-0434-2024.

Ao non poder realizar a notificación persoal deste acordo ás persoas titulares do documento nacional de identidade número 76977745B e 36029603B, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística