DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11405

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de intendente da Policía local.

Resolución nº 3446/2024, do 13 de decembro de 2024, referente á convocatoria e ás bases do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de intendente da Policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 245, do 20 de decembro de 2024, publicáronse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, quenda de promoción interna, para a cobertura en propiedade como persoal funcionario de carreira dunha praza de intendente da Policía local.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo.

Arteixo, 3 de xaneiro de 2025

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente