DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 8 de xaneiro de 2025 aprobouse a oferta de emprego público deste Concello para o ano 2025, que contén as prazas que se citan de seguido:

Corporación: Concello do Corgo.

Número de código: 27014.

Persoal laboral fixo

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Auxiliar de axuda no fogar

Xornada completa

Auxiliar de axuda no fogar nº 2 en RPT

(servizos sociais comunitarios básicos)

1

Operario de servizos múltiples

Xornada completa

Operario de servizos múltiples

A execución desta oferta de emprego público debe realizarse dentro do prazo improrrogable de tres anos, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no correspondente Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra a referida resolución, poderase interpoñer, potestativamente, o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da referida notificación ou interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sito na rúa Armando Durán, 27002, Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida notificación, sen poder simultanear ambos os dous, conforme se dispón nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente e/ou exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

O Corgo, 17 de xaneiro de 2025

Felipe Labrada Reija
Alcalde