DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2025 Páx. 11510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo de dúas prazas de oficial e unha de auxiliar de servizos múltiples de instalacións deportivas.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 1, do 2 de xaneiro de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, de dúas prazas de oficial e unha de auxiliar de servizos múltiples de instalacións deportivas, polo sistema de oposición libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://concellodefoz.sedelectronica.es/info.0

Foz, 2 de xaneiro de 2025

Francisco Cajoto Caserío
Alcalde