A Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de corenta (40) días hábiles, contados desde o remate do exercicio anterior.
O anterior exercicio realizouse o día 15 de decembro de 2024.
Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería
DISPÓN:
A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, en vinte (20) días hábiles.
Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
