Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios LMT ATI713 Casilla, no concello do Porriño, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 29 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/131-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Substitución de apoios da LMT ATI713 Casilla.
Concello: O Porriño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito do prezo xusto |
|
1 |
36039A031001780000D |
Descoñecido/a |
2025/54/23 |
|
2 |
36039A031001870000DR |
Descoñecido/a |
2025/54/24 |
|
3 |
36039A031002040000DY |
Descoñecido/a |
2025/54/25 |
