DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2025 Páx. 11715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2025 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OU-0094-2024.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de decembro de 2024, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística número OU-0094-2024.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do acordo ás persoas interesadas cos números de documento nacional de identidade 34247856M, 44466403C e 34981522V, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística