De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Vitaly Health Services, S.L. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as incluídos na programación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais para o ano 2025 na provincia de Pontevedra e o persoal do Edificio Administrativo da cidade de Pontevedra (Campolongo).
Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Acceso ás actividades formativas
O acceso será a través da páxina web da EGAP, <https:// egap.xunta.gal>, e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:
1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estea rexistrado/a, este paso non será necesario).
2. A EGAP matriculará o alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
4. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 h) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para tramitar o procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.
Quinta. Criterios de selección
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
Sétima. Asistencia
A asistencia:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá aprobar unha proba de avaliación, que se realizará ao final dela.
Novena. Certificados
Para obter o certificado de aproveitamento o alumnado deberá acadar a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e Vitaly Health Services, S.L.
1. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Vitaly Health Services, S.L. reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código: CV25002.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
1. Obxectivos
Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais no seu artigo 20.
2. Destinatarios/as
Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as incluídos na programación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais para o ano 2025 na provincia de Pontevedra.
3. Desenvolvemento
Modalidade: presencial.
Duración: 12 h.
Prazas: 25.
Edicións: 1.
Primeira edición: Pontevedra 1.
Datas e horario: 18 e 19 de febreiro, das 8.30 ás 14.30 horas.
Lugar: Edificio Administrativo de Pontevedra (Campolongo), aula 3.
Contido.
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia
– Primeiros auxilios:
– Conceptos básicos
– Cuestións prácticas
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.
Código: CV25003.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
1. Obxectivos
Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.
2. Destinatarios/as
Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que exerza a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo de Pontevedra (Campolongo).
3. Desenvolvemento
Modalidade: presencial.
Duración: 12 h.
Prazas: 25.
Edicións: 1.
Primeira edición: Campolongo 1.
Datas e horario: 20 e 21 de febreiro, das 8.30 ás 14.30 horas.
Lugar: Edificio Administrativo de Pontevedra (Campolongo).
Contido.
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
– Primeiros auxilios:
– Conceptos básicos.
– Cuestións prácticas.
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.
Primeira edición: Campolongo 2.
Datas e horario: 25 e 26 de febreiro de 8:30 a 14:30 horas.
Lugar: Edificio Administrativo de Pontevedra (Campolongo).
Contido.
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
– Primeiros auxilios:
– Conceptos básicos.
– Cuestións prácticas.
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios Prácticas con lume real: os extintores.
Primeira edición: Campolongo 3.
Datas e horario: 3 e 4 de marzo, das 8.30 ás 14.30 horas.
Lugar: Edificio Administrativo de Pontevedra (Campolongo).
Contido.
– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.
– Primeiros auxilios:
– Conceptos básicos.
– Cuestións prácticas.
– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios Prácticas con lume real: os extintores.
