DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2025 Páx. 12069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Granja XXVIII.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 29 de outubro de 2024, Ramón Martínez Loureiro (***8251**), no nome e representación de Mejillones Nodales, S.L.U. (B36424430), solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Granja XXVIII.

Segundo. O solicitante achegou escritura notarial de disolución e liquidación da sociedade Mejillones Nodales, S.L.U. (B36424430) formalizada o 10 de xaneiro de 2022 ante o notario Francisco León Gómez co número 36 do seu protocolo.

Terceiro. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Ramón Martínez Loureiro (***8251**), da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Granja XXVIII.

Situación:

Cuadrícula número: 104.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.3.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mejillones Nodales, S.L.U. (B36424430).

Novo titular: Ramón Martínez Loureiro (***8251**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 20 de xaneiro de 2025

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo