BDNS (Identif.): 814072.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter unha poboación igual ou inferior a 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitida a conta xeral do concello correspondente ao exercicio orzamentario de 2023 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Segundo. Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual (2025-2026) e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 5.033.333,00 € coa seguinte distribución por anualidades:
|
Ano |
Feder (60 %) (€) |
Fondos propios da Comunidade Autónoma (20 %) (€) |
Total (€) |
|
2024 |
999.999,75 |
333.333,25 |
1.333.333,00 |
|
2025 |
2.775.000,00 |
925.000,00 |
3.700.000,00 |
|
Totais |
3.774.999,75 |
1.258.333,25 |
5.033.333,00 |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
