DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2025 Páx. 12033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS614B (expediente 2024/0417-15).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación da resolución ditada polo Departamento Territorial no último domicilio da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázase, para ser notificada, a persoa interesada que se sinala no anexo ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro da dita resolución.

Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso de reposición, ante este departamento territorial, no prazo dun mes computable desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o establecido no artigo 46 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS614B

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

BS614B 2024/0417-15

46909999G

Resolución de concesión da axuda

4.12.2024