Mediante a Resolución do 28 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunhas instalacións eléctricas no concello de Ramirás (expediente IN407A 2024/134-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse a persoa titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada, ou os seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 31 de xaneiro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/134-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de reconectador TC na LMTA CEL803 no apoio nº 74-1.
Situación: lugar da Facha, no concello de Ramirás.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32069A125000470000MW.
Lugar: Costa.
Cultivo: prado.
Titular: descoñecido/a.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 74-1.
