DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2025 Páx. 12081

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO do concurso de alugueiro de local comercial na rúa Elduayen, 31, baixo (Vigo).

1. Entidade adxudicadora:

Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. obxecto do concurso:

Descrición: o concurso ao que se refire este anuncio ten por obxecto o alugueiro do local comercial que se indica a continuación no anexo I do prego de cláusulas administrativas.

• Local comercial situado á dereita do edificio (nivel 0), visto desde a fronte á rúa Elduayen, nº 31, desde a cal se accede, e ocupando, coas escaleiras e co portal de acceso ao edificio, a planta baixa da totalidade da parcela.

• Cota: correspóndelle unha cota de participación en gastos de vinte enteiros por cento (20 %).

• Referencia catastral: 2664012NG2726S1001SF.

3. Tramitación e procedemento:

O local adxudicarase en alugueiro, mediante concurso, con base nos criterios establecidos na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas particulares (Acordo do 30 de maio de 2024).

4. Prezo e garantías:

Os prezos e as garantías están determinados no anexo II e na cláusula 15.7, respectivamente, do prego de cláusulas administrativas particulares e, de ser o caso, na cláusula 8.1.4.a).

5. Obtención de documentación e información:

Páxina web: www.consorciocascovellovigo.org. Enderezo: Consorcio Casco Vello de Vigo; rúa Ferrería, 45, baixo, 36202 Vigo. Teléfono 986 44 26 38. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

Poderase obter documentación e información ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos:

Están determinados nas cláusulas 4 e 8.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

As ofertas, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica Silex, da Consellería de Facenda e Administración Pública (https://silex.conselleriadefacenda.es/), dentro do prazo de trinta (30) días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación de este anuncio no Silex.

8. Apertura das proposicións:

Entidade, lugar e enderezo: Consorcio Casco Vello de Vigo; Ferrería, 45, baixo.

Data: a apertura das ofertas terá lugar segundo se establece na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas que rexen o concurso.

9. Composición da Mesa de Contratación:

Segundo quedou detallado no anexo VII do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso.

Vigo, 30 de xaneiro de 2025

Alfonso Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo