DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2025 Páx. 12003

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2025 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados pola Resolución do 14 de novembro de 2024 (BOE do 18 de novembro), de conformidade co artigo 35.2 do Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeados funcionarios para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación destra resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de febreiro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Nº praza

Antonio Fariña Martínez

Catedrático

de universidade

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

24/016

Susana Ladra González

Catedrática

de universidade

Linguaxes e Sistemas Informáticos

Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

24/017