No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 18/2025 interposto por Mª Carmen Rodríguez Guerrero contra exclusión do proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso na escala auxiliar administrativa/subescala administración, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 30 de xaneiro de 2025
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
