DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade da Resolución do 23 de xaneiro de 2025 pola que se ratifica a inscrición dos estatutos da Confraría de Pescadores do Vicedo.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o 23 de xaneiro de 2025, pola que se ratifica a inscrición dos estatutos da Confraría de Pescadores do Vicedo e se acorda a súa inscrición no tomo II, libro 45, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2025

Marta Villaverde Acuña
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro