DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de produción de hidróxeno verde de 1 MW de potencia

Procedemento: corrección de erros

Titular: Enerfin Renovables VI, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2022-IPPC-104_380

Localización: concello de Arteixo (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-I-104

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Ourensanas, SCG

Núm. rexistro AAI: 2007/0040_NAA/IPPC_121

Localización: parroquia de Couso de Limia, concello de Sandiás (Ourense)

Expediente: 2022-IPPC-M-077

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Explotaciones Porcinas As Cabanas, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2008/0049_NAA/IPPC_232

Localización: Paraxe do Río, concello de Sarreaus (Ourense)

Expediente: 2023-IPPC-M-101

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade