DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/322-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalacion telecontrol en LMT NEG803 apoio A20UEGBF//161-37-A1, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 3 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/322-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Instalacion telecontrol en LMT NEG803 apoio A20UEGBF//161-37-A1.

Concello: Val do Dubra.

Nº predio

Concello

Lugar

D. catastrais

Titular

Data

Hora

2

Val do Dubra

Pedras do Muiño

15089B514010010000DK

Consuelo Pereiro Pumar

13.3.2025

11.05