No Boletín Oficial da provincia núm. 7, do 13 de xaneiro de 2025, publícanse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura do Servizo de Benestar Social, Igualdade e Xuventude e do posto de xefatura de Bombeiros.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 13 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana Mª Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística
