DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2025 Páx. 12498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Teo e declaración da extinción da concesión de augas coa clave DH.A15.13800 (expediente DH.A15.74559).

Expediente: DH.A15.74559.

Daniel Antonio Pernas Rodríguez solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Daniel Antonio Pernas Rodríguez.

DNI: ***9932**.

Expediente: DH.A15.74559.

Volume total anual: 1.161,3 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,18 l/s.

Destino: rega e recreativo.

Orixe: X= 537380, Y= 4734452 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Pontevea.

Parroquia: Reis (San Cristovo).

Concello: Teo.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina. A cabeza da mina sitúase na parcela 15083J512001730000PO, cruza unha pista local e chega á parcela 15083A509004370000KS onde se localiza a súa boca, neste punto executouse un pozo-calicata de aros de formigón. Desde a boca da mina a auga condúcese ata a parcela 7246104NH3374N0000OM onde se utiliza a auga para os usos solicitados.

Expediente DH.A15.13800.

Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de augas de 0,049 l/s procedente dunha mina sita na parcela núm. 440-2, no lugar de Pontevea, concello de Teo, con destino ao abastecemento de vivenda, bar e supermercado outorgada a Daniel Antonio Pernas Rodríguez mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 20.1.2003.

Causa de extinción: transcurso do prazo outorgado.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

Identificación do aproveitamento: coord. UTM da captación X= 537380, Y= 4734452 (fuso 29 ETRS89).

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescriben os artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado polas vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O proxecto obxecto deste expediente estará dispoñible para a súa consulta nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, número 16, baixo, en Santiago de Compostela, onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, cita previa no teléfono 981 54 39 60 e na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal na sección denominada Participación pública.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro