DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treito Estación Intermodal-San Caetano, no concello Santiago de Compostela (clave AC/22/088.06).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Eixe de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela. Treito: Estación Intermodal-San Caetano, clave AC/22/088.06, no concello de Santiago de Compostela.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 3 de febreiro de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/22/088.06

48

15079A026000530000GZ

Josefa García Elizagaray

AC/22/088.06

67

15079A034000820000GM

Hrdos. Florinda Sende Neiro

AC/22/088.06

76

15079A034000730000GG

Hrdos. Florinda Sende Neiro

AC/22/088.06

84

15079A034000640000GU

Hrdos. Florinda Sende Neiro