DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia na tramitación do expediente de baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola 321000110923 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, quedando a súa eficacia supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo director territorial do Medio Rural en Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 4 de febreiro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

321000110923

F32009847

Prazo de alegacións

321000105715

F32009847

Prazo de alegacións

321000000477

F32009847

Prazo de alegacións