Antecedentes:
1. O día 4 de febreiro de 2025, Gustavo Rodríguez Patiño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Rita VI, Rita VII e Ima.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
3. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas dos seguintes viveiros:
Tipo: batea.
Nome: Rita VI.
Situación:
Cuadrícula núm.: 13.
Polígono: G.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 25.11.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Esther Patiño Padín (***8556**).
Novo titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).
Tipo: batea.
Nome: Rita VII.
Situación:
Cuadrícula núm.: 1.
Polígono: G.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 25.11.1974.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Esther Patiño Padín (***8556**).
Novo titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).
Tipo: batea.
Nome: Ima.
Situación:
Cuadrícula núm.: 21.
Polígono: D.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 9.7.1969.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Esther Patiño Padín (***8556**).
Novo titular: Gustavo Rodríguez Patiño (***0793**).
O novo titular das concesións subrógase nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205F 2022/009-5) por importe de 54.250,00 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 10 de febreiro de 2025
O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
