DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2025 Páx. 12601

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2025

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (Dihgigal) para a elaboración de diversas actuacións asociadas á planificación industrial da Comunidade Autónoma de Galicia.

23.9.2024

Sen achega económica

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Venancio Salcines para a coordinación da estratexia de dinamización dos viveiros industriais dos parques empresariais galegos e o impulso dos existentes nas provincias da Coruña e Pontevedra.

25.9.2024

247.653,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Valga para a realización do peche de protección perimetral no marco do proxecto para a posta en valor como área de lecer da antiga mina de extracción de arxila «Porto Piñeiro».

7.10.2024

366.188,60 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia e a Asociación Gallega de Empresas de Envasado de Agua Mineral Natural para o desenvolvemento de actuacións de capacitación continua do seu persoal e promoción do sector das augas minerais e termais de Galicia.

10.10.2024

29.999,41 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Valga para a finalización da obra de construción dunha nova subestación eléctrica transformadora STR 66/20 kV para a subministración eléctrica ao polígono industrial A Medela.

16.11.2024

970.916,35 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de actuacións específicas para o fomento da sustentabilidade no sector do granito durante o ano 2024.

16.11.2024

100.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia.

29.11.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial e unha campaña de inspección de vixilancia de mercado en 2024.

5.12.2024

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial e unha campaña de inspección de vixilancia de mercado en 2024.

11.12.2024

Sen achega económica