En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Frigorífico y Almacenaje Arousa Norte, S.L.
NIF: B70616602.
Expediente: DH.V15.102987.
Lugar: Couso.
Parroquia: Aguiño.
Concello: Ribeira.
Tipo de vertedura: augas residuais fecais e industriais depuradas.
Caudal máximo anual: 1.105 m3/ano.
Punto de vertedura: X=496.762; Y=4.708.409.
Medio receptor: infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa).
Tratamento/evacuación:
As augas residuais industriais xeradas na limpeza das instalacións e na descarga da cuba de lavado de peixe e as augas residuais fecais xeradas nos aseos e vestiarios son tratadas nun sistema de depuración constituído por arqueta de desbaste e depuradora biolóxica compacta de funcionamento secuencial descontinuo (SBR) antes da súa vertedura por infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa) mediante sistema de dúas gabias filtrantes.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
