DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2025 Páx. 13077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2024/00973).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de denegación da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución do expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Tal resolución non esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

A Coruña, 4 de febreiro de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2024/00973

X9054506G

Z1436224V