De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes instruídos que se relacionan no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o xulgado de primeira instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás ditas resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 29 de xaneiro de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Núm. expedientes: 2018/111-36 e 2018/112-36.
Persoa interesada: 35471742S.
Acto que se notifica: resolucións administrativas do 28 de xaneiro de 2025.
Efectos xurídicos que producen as resolucións: establecemento de medidas administrativas.
