DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2025 Páx. 13098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de comunicación da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia pola expropiación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2017/4-ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación, máis os xuros, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Lugo, 4 de febreiro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/4-ATE.

Denominación: LMT, CT e RBT derivada Piño-A Pobra do Brollón.

Concello: A Pobra do Brollón.

Predio

Titularidade proposta

Deposito núm.

Importe

56

Ricardo Díaz López

590/2024

665,67