De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que a persoa titular do ben que se relaciona a seguir é descoñecida e resulta imposible a súa notificación, comunícaselle á persoa responsable a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas na parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
27.1.2025 |
36041A035080080000OL |
Camiño Pereiras, Poio, polígono 35, parcela 8008 |
Descoñecido/a |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada comprobouse que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de apeo, tronza, empillado e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Ha. afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
222/2025 (xMA 25/005) |
36041A035080080000OL |
0,3311 |
1.174,02 |
4º. No caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 28 de xaneiro de 2025
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
