A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para contratar tres persoas para cubrir tres prazas de persoal de investigación.
As bases reguladoras dos procesos selectivos para contratar o persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/
O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez días naturais contados a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2025
Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de
Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis)
