De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e o trámite de audiencia no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegar as alegacións e documentación que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Pontevedra, 5 de febreiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente de reclamación: IN635A 2024/429-4.
Interesado:
NIF: 35573322G.
Acto notificado: inicio.
Expediente de reclamación: IN635A 2024/429-4.
Interesado:
NIF: 35573322G.
Acto notificado: trámite de audiencia.
