DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2025 Páx. 13275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, non perceptoras de prestacións por desemprego (lote 443).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas non perceptoras de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

No caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

No caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 6 de febreiro de 2025

José Antonio Rodríguez Fachado
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

35488697L

35488697L/09-01-2025/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

35575451V

35575451V/04-12-2024/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

35631874K

35631874K/18-12-2024/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36118790G

36118790G/05-12-2024/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

77973189S

77973189S/13-12-2024/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Grove, O

X3696683P

X3696683P/09-01-2025/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

Y3685965E

Y3685965E/07-01-2025/4.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo