DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2025 Páx. 13288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis que supón a extinción da DH.A36.04829 (expediente DH.A36.92539).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios O Reguiño.

Expediente: DH.A36.92539.

Volume total anual: 1.642,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,50 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: catro (4) mananciais (M1 a M4) e tres (3) pozos (P1 a P3).

– M1 e M2 en parc. 334, pol. 4.

– M3 en parc. 192, pol. 3.

– M4 en parc. 193, pol. 3.

– P1, P2 y P3 en parc. 190, pol. 3.

Todas do Catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Penalta.

Parroquia: Arcos da Condesa.

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

A auga das captacións reúnese para conducila a un depósito de formigón, 173 m3 en parc. 232, pol. 4, do cal parte unha tubaxe que se ramifica cara ás vivendas que abastece a comunidade nos lugares do Ameal e Valsordo, parroquia de Arcos da Condesa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 18 de decembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur